27.2.05

dismeeting point

Onte á noite Elfnoldo quíxome presentar unhas das súas amigas máis amigas, unha rapariga de Ponteareas e ben riquiña, por certo. Despois, ao longo da noite, veu unha marea de encontros:
Momo, unha case-lésbica muxiá que case-participou na espiral de sexo e desenfreo de (m)alicia no mes de decembro,
Ghaiteiriño e mais a irmancísima, que viñan de actuar no Abraira de Oleiros. E a min non me avisara ninguén!!,
Grazas-Juan, o que lle deu clases de galego a Bardem, que viñera desde Santiago para ver o partido do Dépor e andaba ás seis da mañá polo After-Shave (sorpresa maiúscula),
un meu ex-profesor de baile, o mesmo que me quixera roubar o mozo hai seis ou sete anos á porta do dark-room de Laberinto,
Folerpa, que está máis espactacular ca nunca; concordo con Cesare en que gañou moito nestes anos, así que sobe a postos de cabeza no ranking,
e outras personaxes diversas que foron aparecendo polo camiño.

Encontros, toda a noite chea de encontros. O único desencontro, con Elfnoldo.

3 comentários:

choios enríquez disse...

Mágoa que non nos atopasemos vostede e mais eu, pouco lle faltaría... tampouco puiden ir eu ao Abraida.

Grazas-Juan é un alcume? Se é, que carallo de alcume é ese? Será o mesmo profesor de galego de Bardem que coñezo eu?

Plattdorf disse...

É exactamente o mesmo profesor que coñece vostede. O alcume non é nada especial; é unha carallada de anos de xuventude, unha especie de demostración da visión de futuro dese home, que xa dicía "grazas" cando o resto do país aínda andaba no atraso. :-D
É que fomos xuntos á escoliña, muller.

Anónimo disse...

glorioso! desculpenme o básico da argumentación, pero non me sei máis, á parte de que querería estar alí.
(m)alicia