feliz ano novo
Todos os que nos xuntamos na casa de Fuegho fomos compañeiros de piso na rúa de San Pedro, en Santiago de Compostela, só tres ou catro anos atrás. Iso axudou a que a viaxe a París fose máis unha viaxe interior ca unha auténtica visita á cidade. Aínda así, levo destes días unha mestura de:
-unha raclette hipercalórica na de Fuegho, onde me encontrei de novo con Levente, o húngaro que me deu pousada en Budapest no mes de xuño, que me convidou a unha festa multiculti en Compostela en setembro e que agora ten unha bolsa en París.
-unha quiche lorraine hipercalórica que fixen eu mesmo por primeira vez na vida.
-un muffin, un apple pie e un scon hipercalóricos que trouxeron The Sobrados e mais The Chantada dun Tesco de Liverpool.
-un cuscús hipercalórico nun restaurante marroquino en Barbès.
-un chocolate quente e chips de gambas hipercalóricos no Buddha-Bar, o must para todo queque que se prece de selo en París.
-unha crêpe hipercalórica á saída do Musée d'Orsay.
-un paquetón hiperavultado baixo os jeans do empregado dunha tenda do Marais.
-un beur con pestanas hiperlongas na fila para entrar á biblioteca do Pompidou.
-un negro hiperáxil bailando Lady Marmalade mentres patinaba sobre a pista de xeo da praza do Hôtel de Ville.
-uns pectorais hipertrofiados baixo o xersei do empregado de Antoine et Lili.
-unha certa hiperventilación ao subir dun golpe as escaleiras do Sacré-Coeur ás doce da noite, xusto ao saír dun bar afumado.
-unha ameaza de hipotermia vendo o desfile do Ano Novo chinés.

3 comentários:
oh, vouno facer en vinganza, xa sabe, pero cámbiolle todos os hiperaVultados do planeta por ese beuriño de pestanas longas, anque sexa francés.
Xa vou...
Mmmm... En vinganza de que?
Enviar um comentário