feliz vida nova?
Pois si. Despois de moitas reflexións, decidín sacrificar as vacacións de inverno deste ano. Non me vou dedicar ao meu deporte favorito, mochilear por aí para distraerme do meu aniversario (o ano pasado tocoulle a Colonia-Estrasburgo-Lyon-Marsella-Nisa-Menton-San Remo-Córsega-Sardeña-Montpellier-Barcelona; este ano era o de Gran Bretaña), non. Nada diso. Desta vez vou ir á Coruña para tentar pórlle orde a esta existencia caótica.
O que vai saír deste mes ninguén o sabe. Parto con pesimismo, como me corresponde, pero a faísca da esperanza segue queimándome a conciencia.
2 comentários:
Eu debería saber algo máis ca este postl, non cre?
Debería?
Pois non sei... Pregunte, pregunte.
Enviar um comentário