4.2.05

futuro

Onte botei unha hora falando por teléfono con Liverpool. The Sobrada estivera de aniversario domingo, pero como teñen unha conexión internáutica tan miserábel coma a miña, pola liña normal de teléfono, non puidera falar con ela porque sempre me daba ocupado.

Hoxe falei dez minutos con Vigo e corenta con París. Con Trier as conversas telefónicas son habituais, e estou en contacto constante, vía correo electrónico, con Varsovia, Heidelberg, Santiago de Compostela, Roma, Braga, Rennes, Oxford, Montevideo, A Coruña e Salvador da Bahia, por citar algúns. Agora xa nin penso niso, pero cando me dá por reparar no asunto sempre me sorprendo.

Hai en min unha mestura de pailaroco e snob. Cando esteamos todos de volta -se é que iso chega a acontecer-, a só uns minutos de AP9 uns dos outros, vou ter saudades de todo isto. Con certeza.

4 comentários:

Cesare disse...

Espero que nunca esteamos de volta.

Plattdorf disse...

Pois eu si, xa o sabe.

Cesare disse...

que? non pensa actualizar?

Plattdorf disse...

Oi que carallo!
Seica pensa que non teño máis que facer?

:-D