abaixo o esencialismo
Loupier é skin antifa e fillo de emigrantes limiaos en París. Fala alternando o verlan co mesmo galego que falaban os seus bisavós. Combino con el na estación de metro de Avron para pasarmos polo local parisiense da CNT, e cando aparece trae consigo dous rapadiños máis, duns 17 anos, que andaban á busca do local: esa noite hai concerto de OpcióK95, un dos máximos expoñentes de Oi! catalán, e a expectación é moita.
Chegamos ao local e todo está cheo de skinetes de punta en branco. Beben cervexa, saúdanse cerimoniosamente con bicos nas meixelas e sorpréndeme ver o código coidadísimo e elaboradísimo da súa indumentaria: a paixón polas marcas chegou ao street punk da man da working class máis concienciada.
Loupier fálame do complicado que é ser red-skin, polas confusións que pode haber cos skins neonazis, e aclárame que a CNT-París ten malas relacións co resto da CNT por organizar concertos coma o desa noite: os rapados en Cataluña tenden a ser marxistas, e iso é unha afronta grave para un auténtico anarca.
Como aínda falta tempo para o concerto imos tomar unhas cervexas ao bar do lado e alí coincidimos cos músicos de OpcióK95. Veñen de Barcelona e a composición do grupo non podía ser outra: hai tres cataláns, un andaluz e un quinto compoñente con quen boto falando un bo anaco.
É galego, moreniño, guitarrista, e chámase (sic) Omar Alaui.
6 comentários:
Esqueces que Omar é bastante guapiño, tamén. Sempre me gustou e sempre llo dixen (shame on me!), pero é que a min os heteros...
Henri
É guapiño, é.
Pero non llo dixen, porque é que a min os heteros...
:-)
A ver, a ver, que pasa aquí???
Todo dios coñece o tal Omar? Acaba a noite así? Que pasa?
A min isto non me chega a nada.
(gústame ver como renegan do esencialismo, por unha vez...)
Claro que coñezo a Omar. Sorpredido? Como dicimos en Vigo, 'yo muevo peña, pavo'.
Henri
Pois si, sorpréndeme, si.
"(gústame ver como renegan do esencialismo, por unha vez...)"
Maldito presuntuoso...
Enviar um comentário